Comezou a sección do programa ‘O Mes da Fundación’ para os centros educativos de Cee

Este mércores deu comezo a sección do programa ‘O Mes da Fundación’ para os centros educativos de Cee, e non o puideron pasalo mellor posto que desfrutaron dun espectáculo de maxia superdivertido da man de O Mago Paco e titulado «Ledicias 2.0».

Un total de 140 nen@s de 3º e 4º de Primaria do Colexio Manuela Rial e do CEIP Vila de Cee asistiron a esta actividade, e tod@s, incluído o profesorado que os acompañou, pasárono pipa.

A vindeira actividade para os colexios será o martes 17 de outubro, con varias sesións de astronomía con planetario portatl a cargo de Íñigo de la Quadra Salcedo e destinado ao alumnado de 5º de Primaria dos colexios antes mencionados.

Antes, o sábado 14, ás 20:45 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Cee, con entrada de balde, e xa dentro da sección para o público en xeral, contarán cun concerto comentado titulado «Axúdame compañeira a facer foliada: A gaita e a percusión na música tradicional galega» a cargo de Marina Fernández Vigo (gaiteira) e Sandra Pérez Míguez (percusionista).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha