Despois dunha boa campaña con case 624 toneladas extraídas desde a Guarda ata Estaca de Bares, comezou a veda da centola nas provincias da Coruña e Pontevedra. No litoral da provincia de Lugo comezará o próximo 3 de xullo. A prohibición de coller centola durará ata o 5 de novembro. A medida axusta a pesca ao ciclo de vida do marisco e aos seus períodos de cría para facer unha explotación máis sustentable. Durante esta última campaña capturáronse 358 toneladas deste crustáceo na provincia da Coruña e 265 na de Pontevedra.