Comezou en Coristanco o obradoiro “Avivando a fala”

1 minutes read

Este martes deu comezo no CPI Alcalde Xosé Pichel o obradoiro “Avivando a fala”, taller de creación colectivo, lúdico e musical para mozos e mozas. Esta iniciativa, impulsada polo Concello de Coristanco, ten o obxectivo de revitalizar a improvisación oral en verso cantada en galego, con grande arraigamento na localidade e promover así o emprego da lingua no ámbito de socialización da xuventude do municipio. A tecnoloxía acompañará todo o proceso ao dotar aos participantes de técnicas e ferramentas elementais para traballar en equipo e lograr obter un produto final en forma de curtametraxe que englobe todo o proceso de creación. Estes obradoiros contarán coa colaboración de:
Lupe Blanco, regueifeira de renome.
Xosé Bocixa, músico e cineasta galego.
Laura Romero, ilustradora, urban sketcher e música.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?