Comezou o reparto de 4.500 máscaras adquiridas polo Concello de Zas

Foto.- Cedida.

Membros de Protección Civil e persoal municipal comezaron a repartir casa por casa, en cada vivenda deixan un sobre con dúas máscaras de tipo cirúrxico de triple capa e que contan con certificado CE para produtos sanitarios. O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, recoñece que “este reparto chega cun certo retraso e que nalgúns casos pode resultar escaso, dúas circunstancias que se deben ás dificultades para conseguir este material de protección”.

Co reparto, toda a veciñanza disporá dunha máscara hixiénica no caso de que teña que saír da casa e que non poda respectar a distancia de seguridade interpersoal. Ainda así, dende o Concello de Zas lembran a importancia de seguir as recomendacións das autoridades sanitarias como quedar na casa e, no caso de ter que saír, manter unha distancia entre persoas de 1,5 a 2 metros.

Para o empaquetado das máscaras contaron coa colaboración dos membros do equipo de goberno e de persoal municipal, seguíndo unhas estrictas medidas de hixiene e seguridade.