A Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil de Corcubión comisou 21 quilogramos de percebes carentes de documentación que garanta a súa trazabilidade. Os feitos ocorreron cando unha patrulla circulaba por Corcubión e observou como un coche que circulaba en sentido contrario realizaba unha manobra brusca ao advertir a súa presenza.
A Garda Civil procedeu a darlle o alto ao obxecto de coñecer o motivo de tan repentina manobra, unha vez detido o vehículo ante as dubitativas explicacións do condutor, os gardas solicitáronlle que abrise o maleteiro do turismo, localizando no seu interior un capazo de plástico negro cheo de percebes.
A Benemérita requiriulles aos ocupantes do turismo a documentación perceptiva que garantise a súa trazabilidade e amparase o seu transporte, manifestando eles que non tiñan. A Garda Civil procedeu á confección das correspondentes actas de denuncia e á incautación dos percebes, os cales alcanzaron un peso de 21 quilogramos. Os percebes incautados foron entregados no centro ASPADEX da localidade de Cee.