Comisados 8.000 quilos de xarda na Mariña lucense

Foto.- Garda Civil.

A Garda Civil identificou na autovía A8 ao condutor dun camión e tras inspeccionar a carga, observaron que tanto os palets como os envases carecen de etiqueta, non podendo relacionarse a carga coa documentación presentada. Realizouse unha pesada da carga dando un total de 21.000 quilos de xarda e a documentación amparaba 16.000. Continuando a investigación descárgase outro camión enteiro ata que ao fondo atoparon 3.500 quilos sen etiquetar e que procederon a comisar. Os dous proceden do mesmo armador confirmado que cambiou de porto supostamente para despistar e declarou que lle roubaran as etiquetas. A Garda Civil fixo entrega da xarda comisada a varios centros benéficos, entre eles a residencia Betania de Viveiro.