Comisan 34 quilos de percebe na costa de Ferrol

1 minutes read

A Garda Civil e o Servizo de Gardacostas de Galicia comisaron 34 quilos de percebe na costa de Ferrol. Foi nunha actuación do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) de Pontedeume, en colaboración co Servizo de Gardacostas, no Pieiro.

Os feitos sucederon cando efectivos de ambos os corpos nun servizo de prevención do marisqueo observaron a varias persoas faenando na zona. Unha vez finalizada a extracción e xa en terra na zona do litoral os efectivos actuantes procederon a dar o alto ao vehículo onde estaba a ser transportada a mercadoría, achando no interior do maleteiro 34 quilogramos de percebe capturado de forma ilegal.

A Garda Civil procedeu á confección de acta denuncia e á incautación dos 34 quilos de percebe, así como das artes e medios utilizados. As capturas comisadas foron entregadas no Centro Tutelado de Menores da Xunta de Galicia en Ferrol e as artes utilizadas foron depositadas en dependencias de Gardacostas de Galicia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?