Comisan 400 plantas de marihuana nun invernadoiro de Lugo

Axentes que participaban nunha operación para o control de incendios forestais encontraron na zona rural de Lugo un invernadoiro no que se cultivaba marihuana. Iniciouse entón unha investigación que levou ata un home agora detido, un ex-militar de 47 anos, que tiña na vivenda dous locais de cultivo de plantas e unha habitación que usaba como secadoiro. Os axentes interviñéronlle 400 plantas de marihuana, dous quilos de brotes listos para a súa venda, unha balanza de precisión, mercancía preparada para fabricar haxix e unha arma.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha