Axentes da Policía Nacional detiveron na localidade de Ribeira (A Coruña) oito persoas como presuntas responsables dunha das “organizacións criminais máis activas” na introdución de billetes falsos de dólares estadounidenses.
Así o informou a Policía Nacional, que sinalou que se lles interveu algo máis de 87.000 dólares, o que supuxo, subliñaron as mesmas fontes, “unha das maiores incautacións desta moeda realizadas en España”.
A investigación policial comezou durante o pasado mes de outubro, cando se detectou a aparición de billetes falsificados e a súa introdución no circuíto financeiro a través de diversas entidades bancarias de Ribeira e dalgunhas localidades das súas inmediacións. Inicialmente, identificouse un mozo, que resultou ser a persona máis activa da organización. Posteriormente, detectouse que outro mozo e unha moza comezaron a introducir novos billetes falsos desta moeda en distintas entidades bancarias.