Comisan case 15 quilos de droga e deteñen a varias persoas na Laracha e Aranga

0 minutes read

A operación denominada « Coergo- Noega» levada a cabo por numerosos axentes da Garda Civil e a Policía Nacional no lugar de Cillobre na Laracha a pasada fin de semana frutificou coa detención de nove persoas e o comiso de máis de oito quilos de haxix, ademais foi localizada unha plantación de cultivo de landras con máis de mil plantas no municipio de Aranga. Os corpos e forzas de seguridade tamén requisaron distinto material e varios vehículos.