0
A Garda Civil desartellou na provincia de Barcelona un taller clandestino con case 500 quilos de material para fabricar explosivos. As sustancias ocultábanse nunha casa da localidade de Montmajor, nunha zona afastada de núcleos habitados. Os axentes detiveron un home de 41 anos que residía na vivenda. Está acusado de fabricar explosivos de xeito ilegal mesturando precursores químicos que compraba por Internet. É un dos comisos máis importantes deste tipo de sustancias que se fixeron ata o momento en España.