Comisan un peixe espada de 245 quilos a un veciño de Camariñas

0 minutes read

Foi localizado na entrada do Porto da Coruña. Diso informou o instituto armado, que sinala nun comunicado que os mesmos efectivos interceptaron na mesma zona da AC-10 a outra furgoneta que transportaba 49,5 quilos de lirio e 19,5 de pota que tamén carecían da documentación que garantise a súa trazabilidade. A Garda Civil detallou que os condutores de ambas as furgonetas, que eran de Camariñas, foron informados de que se rexistrarían senllas actas de denuncia para a súa remisión á Consellería do Mar.