Cómoda vitoria do Calvo Xiria BM ante U.B. Lavadores (31-26)

O Calvo Xiria disputou o seu último partido na casa neste 2020; fixo fronte ao U.B. Lavadores de Vigo, un equipo renovado e cun novo adestrador. O Calvo Xiria, ofreceu un bo encontro a súa afección que regresou ao Vila de Noia para animar ao seu equipo, logo de varias semanas confinados. Tras dez minutos igualados, o equipo carballés levou a iniciativa en case todo o encontro, cunha renta de tres tantos no descanso (16-13). Na segunda metade a claridade do xogo local permitíalle alcanzar unha superioridade numérica no marcador de ata sete goles por momentos. Tranquilidade no ataque local e unha defensa acertada será a clave para seguir sumando vitorias coma esta no 2021.(31-26).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha