Sar Redondela 23 – Laber Xiria 35 (10-14)
Un superior Laber non tivo excesivos problemas para conseguir derrotar a Sar, a pesar de que a categoría non permite relaxacións, e en cada partido hai que amosarse concentrado e con intensidade nas accións.
Comezou o Xiria impoñendo a fortaleza da súa defensa 6:0 ante unha Sar que movía ben o balón pero que atopa dificultades para obter vos lanzamentos, pola súa parte o Xiria facíase co balón en defensa pero precipitábase na contra, o que puido ser un arranque de partido onde sentenciar diferenzas, dou a Sar a oportunidade por veces de engancharse no resultado, 10 a 14 no descanso.
O estar máis acertado na continuidade no ataque e sobre todo a efectividade de cara a gol, aproveitando ben os momentos de partido, deron un plus ao Xiria que marcou distancias nesta segunda metade facéndose co encontro.
Dous puntos e a pensar na visita do líder Carballal dentro de dúas semanas, pois a vindeira non haberá xornada.