Competencia aproba a compra do Sabadell por parte do BBVA

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) aprobou este mércores, con compromisos, a posible adquisición do Banco Sabadell por parte do BBVA. A decisión abre a porta a que o Goberno central interveña e poida establecer condicións máis estritas ou mesmo frear a operación.

Tras unha longa reunión que rematou pasadas as 19:30 horas, a Sala de Competencia —formada por cinco membros, incluída a presidenta da CNMC, Cani Fernández— avalou o ditame por unanimidade e sen votos particulares, segundo fontes próximas ao proceso.

A resolución non se considerará definitiva ata que o ministro de Economía, Carlos Cuerpo, decida se eleva o asunto ao Consello de Ministros. A norma establece un prazo de quince días para tomar esta decisión.

Related posts

O BNG urxe o Goberno do Estado a ‘devolver a Illa de Toralla á veciñanza’ e recuperar o tránsito

A sociedade valenciana rendeu homenaxe aos 229 falecidos na dana

Investigan os fallos no cribado de cancro de mama en Andalucía