Completa axenda turística do Concello de Muxía en Fitur

2 minutes read

O Concello de Muxía completou unha frenética axenda turística en FITUR, para afianzar o municipio como destino de calidade nun escaparate internacional único.

Nesta edición, a delegación do Goberno de Muxía, encabezada polo alcalde, Iago Toba, e o concelleiro de Deportes, Felipe Vilela, acudiron a diversos actos, eventos e reunións, tanto a nivel institucional, comercial e profesional.

Encontro co ministro Hereu

A comitiva muxía reunise, entre outros, coa presidenta de Paradores, Raquel Sánchez, a exministra, Reyes Maroto, e o actual ministro de Turismo, Jordi Hereu, que recibiu ao alcalde de Muxía no espazo nacional de TurEspaña para tratar a posta a punto dunhas subvencións para o desenvolvemento do turismo na vila da Barca. O rexedor aproveitou para trasladarlle ao ministro unhas liñas de actuación a nivel local e para solicitar a axuda do Goberno central para a promoción turística de Muxía.

Tamén participaron en actos do Camiño de Santiago Fisterra/Muxía, na que o Concello foi promotor, para incluír ao municipio na Asociación de Concellos do Camiño. Rexedor e Concelleiro tamén acudiron a actos da Deputación da Coruña, Xunta de Galicia e eventos con representantes de municipios de resto de España para a promocionar e compartir experiencias.

Toba destacou a “importancia de acudir a FITUR para dar a coñecer a proposta turística do noso municipio e facer de Muxía un referente a nivel turístico nacional e internacional”.

Reunión profesional coa empresa iUrban

Os representantes do Concello mantiveron un encontro coa empresa iUrban para ultimar e pechar detalles da instalación dunhas pantallas, en forma de totems, de autoxestión de información turística na vila. Este elementos, únicos na Costa da Morte, son una proposta do grupo de Goberno e están financiados polos fondos Next Generation para proporcionar unha información de calidade e dun xeito novidoso e moderno.

“Un ano máis acudimos en FITUR para facer realidade propostas e melloras turísticas para Muxía e para poñer en valor o noso municipio como destino, cunha tradición, cultura, historia e paisaxes únicos”, rematou Toba.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?