Completa fin de semana de baloncesto dos equipos do Basket Xiria

1 minutes read

Esta fin de semana debutan na tempada 21/22 os equipos PEQUEBASKET XIRIA na Liga Babybasket que xogarán 12 equipos nunha xornada organizada polo CB Culleredo e a Delegación Coruñesa de Baloncesto. O equipo PREMINIBASKET XIRIA volve ó seu campo, Pavillón AGRA II, para xogar o sábado con Obradoiro.

Os dous equipos PREMINIBASKET, o Branco tócalle xornada de descanso, mentras que o MINIBASKET XIRIA VERDE, xogará o domingo 13, 17:45h no Pavillón Agra II, contra o Montrove Azul. Os infantiles BASKET XIRIA, reciben en CARBALLO, no Pavillón Bergantiños (Sábado 12-12h), ó conxunto de Esclavas, invicto nesta segunda fase da Liga.

En categoría CADETE, o feminino DENTAL NOA GARCIA XIRIA, visita a cancha do CB Arteixo, no Pavillón Ponte dos Brozos, o sábado ás 18h. En cadete masculino os de ORTODIX BASKET XIRIA, reciben en CARBALLO oa Basquet Coruña, partidos no Pavillón Bergantiños (Sábado 12-18h). Mentas que tamén xogan na casa so equipos JUNIOR, o feminino XESTORIA QUEIJO BASKET ARTAI, enfrontase as ferroláns do Tirso de Molina, no Pavillón Bergantiños (Sábado 12-18h)

Xa para rematar cos horarios, o CALVO BASKET XIRIA, xogará a xornada terceira, desta 2ª fase de Ascenso, contra un equipos que coñece ben dos partidos xogados no Grupo Norte , o OBRADOIRO USC. Este partido é moi importante para os carballeses, se queren seguir mantendo opcións de estar na parte alta da clasificación e poder disputar a fase final desta competición de 1ª División Masculina. O equipo sénior feminino, DIMOLK BASKET XIRIA ARTAI, volve a descansar esta semana.