Completa fin de semana para os equipos do Calvo Xiria BM

2 minutes read

O Calvo Xiria feminino inicia a competición ligueira, dará o pistoletazo de saída rumbo á terra das termas, á cidade das Burgas, onde se verá as caras co De Pueblo Carnicería BM Pabellón, un rival que coñece á perfección e que sabe que lle vai a poñer as cousas moi complicadas ás rapazas dun Manu López.
No que respecta ao Calvo Xiria masculino o sábado, afronta partido ante un conxunto da mesma categoría pero do grupo B como é o Unión Financiera BM Base Oviedo, no que se agarda que sexa un emocionante partido que faga vibrar a todos aqueles que acudan ao Vila de Noia a partires das 18.00h.
Ao igual que os sénior, os xuvenís do Laber Xiria A, tamén terán que facer fronte a dous encontros da Copa Galicia nesta fin de semana, ámbolos dous ás 12.30h. no Vila de Noia. O primeiro deles será o sábado ante o Seis do Nadal e no do domingo, os carballeses veranse as caras co BM Lalín.
Nesta fin de semana, os rapaces de Brais Puñal tratarán de reencontrarse e ir collendo sensacións para olvidar o resultado do anterior partido copeiro ante o Tui.
Polo seu lado, as rapazas do Hierros Varela Urbieta Xiria viaxarán ata terras viguesas para afrontar o último encontro da fase de grupos da Copa Galicia xuvenil feminina. Logo de dous auténticos partidazos das rapazas de Manu López que se solventaron cunha vitoria e unha derrota, as carballesas queren continuar con esa boa liña que veñen mantendo e lograr un novo triunfo ante o Carballal.
Seguindo en clave copeira, os equipos do Grupo Lemaco Xiria A e B afrontarán sendos partidos ante o Lavadores e o Carnes Do Ribeiro – Ourense Termal, respectivamente. No caso do cadete A debutará nesta competición, mentres que o B chega a esta xornada logo dunha vitoria contundente na pasada xornada.
Mentres tanto, as rapazas do Punta del Este Xiria que dirixe Zarra, viaxarán ata terras cullerdenses para disputar o segundo encontro da Copa Galicia infantil feminina, na cal esperan que as boas sensacións continúen e que se convirtan nunha vitoria que premie o seu bo traballo.
Quen tamén terá partido copeiro é o Garaysa Xiria de Jorge Bouzas, o cal debutará nesta Copa Galicia infantil masculina nun encontro no que se verá as caras cun CP Lucense que vén de gañar contundentemente ao Sar e que visitará a capital de Bergantiños para seguir con esa xeira triunfal ante uns carballeses que tratarán de dar o mellor de si mesmos para que os dous puntos se queden no Vila de Noia.