Nos vindeiros días entregaráselle a cada funcionario un anorak, unha chaqueta de softshell, un forro térmico e un cubrepantalón, ademais de dous xerseis, unha chaqueta de verán, tres conxuntos integrados por un polo de verán e outro de inverno, e tres pantalóns para cada unha das estacións. En total, máis de 130 axentes medioambientais, que recibirán un lote individual integrado por 19 prendas. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, subliñou a importancia de garantir aos axentes medioambientais unha uniformidade homoxénea e renovada, xa que é a que permite identificar a simple vista a un colectivo “clave” para a Comunidade. Así, destacou o “labor decisivo” que realizan no seu día a día como “garantes” da biodiversidade e do patrimonio natural que constitúen o sinal de identidade da Galicia verde.
0