O Concello de Ferrol completou a entrega de 17.000 máscaras protectoras a todos os centros de ensino obrigatoria e bacharelato da cidade. O material forneceuno a Subdelegación do Goberno para destinalo aos escolares matriculados nalgún dos colexios de Ferrol. Foi a concellería de Educación a que xestionou o reparto dos EPI en colaboración co departamento de Seguridade. Voluntarios de Protección Civil colaboraron na entrega. Cada un dos centros recibiu unha cantidade de caixas de 50 unidades en función do número de alumnado. Deste modo, todos os centros de ensino obrigatorio e de bacharelato da cidade contan cunha provisión de máscaras protectoras para os casos nos que necesitan atender situacións nas que, por exemplo, os profesores ou os menores non teñen, se ensucian, se rompen o calquera outra circunstancia.
39