Completada a sinalización de praias sen fume no concello de Camariñas

Playa de Lago_Ayuntamiento de Camariñas

  • En concreto os carteis atópanse nos areais de Arou, Lago, Lingunde e O Ariño

A sinalización de praias se fume xa está instalada en diferentes areais do municipio de Camariñas como son Arou, Lago, Lingunde e O Ariño. Trátase dunha campaña da Consellería de Sanidade, dentro do ‘Programa Galego de Promoción dunha Vida Sen Tabaco’, que pretende concienciar sobre a protección do medio ambiente e promocionar unha vida sen tabaco.

Deste xeito, estas catro praias camariñás contemplan a prohibición de fumar en toda a zona sinalada. Quedan excluídas aquelas áreas ó aire libre dos locais de hostalaría situados na praia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha