Completadas as obras da senda ciclista que percorre o encoro de Cecebre ata Carral

1 minutes read

Por tal motivo, a Deputación da Coruña organiza unha andaina e marcha cicloturista o domingo 12 de febreiro para inaugurar esta nova senda ciclista que percorre a contorna do encoro de Cecebre e que conecta con Carral, un itinerario de 32 quilómetros nun dos espazos naturais de referencia da provincia polos municipios de Abegondo, Betanzos, Bergondo, Cambre e Carral. O proxecto da ‘Senda ZEC’ contou cun importante investimento de 2.150.688 euros, cofinanciados nun 80% con fondos europeos FEDER a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destaca a importancia de proxectos como este no cambio cara unha mobilidade máis sostible no territorio provincial.