Completadas as obras de mellora da DP 2103 de Castelo-Andeiro a Sergude, en Carral

Rematadas as obras de renovación da capa de rodadura da estrada provincial da DP 2103, de Castelo–Andeiro a Sergude. As obras realizonse entre os puntos quilométricos 0 e 1+900 do vial, no termo municipal de Carral.

Os traballos consistiron no despexe e limpeza das gabias, a reparación das irregularidades do firme, o fresado das zonas de entronque con outras estradas e o estendido dunha nova capa de mestura bituminosa en quente de cinco centímetros de espesor.

Asemade, renovouse a sinalización horizontal e rotulouse a calzada cos símbolos da limitación de velocidade de cada tramo.

O investimento ascendeu a 131.000 euros, con cargo a Deputación da Coruña, e permite mellorar a seguridade vial na zona.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha