Completadas as obras de mellora da seguridade peonil da estrada de Cortiñán a Vixoi, en Bergondo


As obras, sufragadas pola Deputación da Coruña, supuxeron un investimento de máis de medio millón de euros e incluíron a construción dunha senda para mellorar a seguridade dos peóns que se desprazan a pé pola zona, e a ampliación da plataforma do vial desde a intersección coa N-VI á altura de Cortiñán ata o punto quilométrico 0,79, en Vixoi, onde a estrada se cruza con outra de titularidade municipal. Ademáis, dentro deste proxecto e de forma simultánea, o Concello de Bergondo financiou a construción dunha nova rede saneamento que dá servizo ás vivendas da zona. A nova plataforma ten un ancho de 6,5 metros (antes era de só 4,5 m.), o que permite un marxe de seguridade adecuado para o cruce de vehículos.