Completadas reformas por máis 48.000 € no centro de saúde da Baña

1 minutes read

O orzamento das obras foi froito dun convenio de colaboración entre a Xunta e o Goberno local ao tratarse dun edificio de titularidade municipal. Pola súa parte, o Concello foi o encargado de levar a cabo as actuacións necesarias para a correcta execución das obras coa redacción do documento técnico necesario para a execución das obras, licitación e execución das mesmas. As obras consistiron na substitución das luminarias existentes por unhas de tipo led, co conseguinte aforro enerxético, a limpeza da fachada exterior e a revisión da cuberta.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado pola xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloína Núñez, polo alcalde de A Baña, José Antonio Pereira Gil, pola directora de Recursos Económicos da área sanitaria de Santiago, María José López Rebollo e polo director de Atención Primaria, Felipe Calle, supervisaron este luns estas obras.