Completados os traballos para a restauración ecolóxica da Lagoa de Cospeito, en Lugo

1 minutes read

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, puxo en valor as actuacións de mellora e restauración executadas co obxectivo de garantir un bo estado de conservación dos hábitats e as especies de flora e fauna que se localizan nesta contorna. Leváronse a cabo a recuperación do bosque de ribeira, coa retirada de árbores mortas, caídas ou enfermas do río Guisande; a eliminación de especies exóticas invasoras; a mellora do campo visual dos observatorio a través da corta de arborado e desbroce da vexetación existente no campo visual dos miradoiros, e a renovación do pavimento exterior do centro de interpretación. A maiores, tamén se colocaron morróns para evitar o acceso de vehículos á lagoa, se restauraron os camiños e se renovaron os paneis informativos. Con esta iniciativa, ponse en valor o papel identitario das arterias naturais de Galicia, responsables de transportar nutrientes, suavizar o clima galego e vertebrar o territorio. Ademais, o impulso por esta iniciativa leva aparellada outros beneficios, como é o impulso do emprego verde e o turismo sustentable.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?