Comportamento de récord do Camiño de Santiago co impulso do Xacobeo


En concreto, no que vai de 2022 xa son case 140.000 os peregrinos chegados a Compostela, mentres que o mes de maio converteuse no mellor da historia para o sector con máis de 766.000 pernoitas e 442.500 viaxeiros, o triplo dos rexistrados o ano pasado. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, celebrou os datos que amosan “que o Camiño colle moitísima forza”, ao tempo que sinalou a recuperación dos peregrinos internacionais e resaltou este bo comportamento das rutas como unha demostración máis de que Galicia está de moda. Nesa liña, sinalou o obxectivo de que ao final deste ano o impulso do Xacobeo supoña dous puntos máis na achega do turismo ao Produto Interior Bruto.