Compostela | Aberto o prazo para inscribirse nos programas de conciliación para Semana Santa

A concellaría de Educación acaba de abrir o prazo para inscribirse no programas de conciliación «Vacaludos Semana Santa» que se vai desenvolver, como o ano pasado, na ludoteca María Miramontes de Fontiñas. As familias interesadas poderán solicitar unha das máis de 70 prazas dispoñibles ata o 15 de febreiro.

En total, o programa oferta 73 prazas: 20 para nenos e nenas de 3 anos; 30 para menores de 4, 5 e 6 anos; e 23 para cativos de 7, 8, 9, 10, 11 e 12 anos. O programa de conciliación levarase a cabo o 3, 4, 5 e 10 de abril de 2023, en horario de 07:45 h a 15:00 h.

O obxectivo deste programa é responder ás necesidades de conciliación das familias. É por iso que o acceso a este servizo, que é de balde, priorizará, no caso de que houbese máis solicitantes que prazas, a aquelas familias que traballen ou estean en tránsito do traballo a casa no horario de funcionamento do equipamento, con preferencia das monoparentais; familias con alomenos un membro en risco de vulnerabilidade (con informe de Servizos Sociais); as familias con nenos e nenas en acollida e as familias numerosas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha