Compostela avanza na mellora da calidade do aire e na descarbonización

A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de «Posta en marcha de actuacións para a mellora da calidade do aire e implantación de Zona de Baixas Emisións de Santiago de Compostela», que presentaron, posteriormente, o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños; e Eduardo Díaz, xerente de AAPP e Smart Tech da compañía Cinfo. Este documento recolle as medidas e directrices necesarias para dar resposta aos requisitos establecidos na Lei 7/2021 de 20 de maio de Cambio Climático e Transición Enerxética para a implantación de Zonas de Baixas Emisións nos municipios que superen os 50.000 habitantes.

Segundo o documento, o Concello de Santiago na súa estratexia de cambio climático contempla mediante este proxecto avanzar cara á implantación de zonas de baixas emisións como un claro e ambicioso obxectivo que require a implantación dunha serie de medidas que se irán establecendo de maneira paulatina para a mellora da calidade do aire no territorio.

O primeiro que se fixo, segundo explicou Eduardo Díaz, foi unha análise da situación actual, e a «complementariedade con outras medidas». Analizáronse outro proxectos que xa están en marcha, como o Trafair, sobre calidade do aire, que xestiona o Concello coa USC, xunto cou outras universidades e cidades europeas. O resultado «é que a calidade do aire en Santiago é boa», polo tanto as necesidades centraránse máis, sinalou, no «avance contra o cambio climático e na mellora da mobilidade».

Neste contexto, segundo Díaz, plantéxase unha zona principal de baixas emisións, na ámendoa do centro histórico de Santiago, para contribuír á súa preservación e para a continuar na súa aposta pola descarbonización deste enclave de gran relevancia para a cidade, xa que apuntou, «xa ten implementadas distintas medidas de baixas emisións». As solucións tecnolóxicas que se empregarán serán as accións que se consideraron no marco do proxecto de Smartiago para a esta contorna: control de acceso de vehículos, supervisión e control de accesos en aparcadoiros e paneis informativos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha