Compostela, Barco e Ourense pendentes de aceptar as condicións do playoff


O Compostela aínda non formalizou a súa participación no playoff de ascenso. Tampouco o Barco nin o Ourense, nin outros moitos equipos de España. O documento de inscrición obriga a asinar unha serie de condicións como a que exime á Federación Española da resposabilidade derivada da situación sanitaria. A RFEF sacou unha nota para explicar que si se fai responsable da competición, pero non dunha eventual suspensión. Pero a circular segue redactada nos mesmos termos. Ademais noutro punto pide limitar a vida social dos xogadores. E tampouco establece ningún mecanismo de control dos protocolos. O Arousa é o único dos catro clubs galegos que asinou, os outros tres agardan á reunión coa federación galega, na que tamén se tratará outro tema que necesita consenso: en que campo se vai disputar o playoff galego de ascenso a Segunda B.