Compostela beneficiará as políticas sociais cun orzamento de 177 millóns de euros

  • Desde o goberno local anunciaron que non pospoñerán a aprobación dos orzamentos máis alá de febreiro

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou que o Goberno municipal xa ten elaborados os orzamentos, que ascenderán a 117 millóns de euros e que estes conterán «un incremento notable en investimentos e políticas sociais». Agora, dixo, iniciouse a rolda de contactos cos grupos municipais para «explorar acordos para a súa tramitación».

Segundo avanzou o rexedor municipal, este mesmo venres se están a manter «contactos preliminares» e que «o resto do mes dedicarémolo ás negociacións e constataremos se hai posibilidades de avanzar». En caso contrario, explicou, «tomaremos a decisión máis conveniente para a cidade e para sacar adiante os orzamentos».

«Nós estamos en condicións de levar os orzamentos ao pleno ordinario deste mes de xaneiro ou a un extraordinario a principios de febreiro, pero non de garantir a súa aprobación», indicou o alcalde, en referencia a que a data dependerá das negociacións cos diferentes grupos municipais.

En calquera caso, dixo, «non imos pospoñer a aprobación máis alá de febreiro». Lembrou que existen dúas vías para a aprobación: a abstención ou voto favorable de PP ou CA, ou vinculala a unha moción de confianza no caso de non obter estes votos favorables ou abstencións. Con todo, insistiu en que «esgotaremos as posibilidades de acordo».

Related posts

Rescatan a unha persoa da auga na Coruña, preto da Torre de Hércules, pero faleceu no hospital

A Deputación da Coruña convoca a oitava edición dos Premios PEL

Licitada a construción de sendas peonís nas estradas DP-5602 e DP-1302, en Negreira