Compostela volveu brillar cos fogos do Apóstolo


Na noite dos fogos do Apóstolo, en Santiago de Compostela volveuse a apostar por un sistema múltiple de lanzamento: dende a Alameda, o Parque Eugenio Granell, o Monte Gaiás, As Cancelas e o Parque de Carlomagno. O obxectivo desta distribución foi evitar as aglomeracións por culpa da covid.

A empresa valencian Ricasa, foi a encargada de que a partir das once e media da noite e durante uns quince minutos fose posible ver o espectáculo, que tinguiu de luz o ceo da cidade. Os fogos seguen a ser un dos grandes atractivos da noite do 24 de xullo, aínda que de momento haxa que renunciar ao espectáculo audiovisual da Praza do Obradoiro.