Comprar no mercado de Carballo desde a Candeloria ata San Valentín ten premio

2 minutes read

Este ano o Concello decidiu centrar a campaña da Candeloria a San Valentín no mercado municipal como símbolo da tradición e da puxanza comercial da vila. Do 2 ao 14 de febreiro, por cada 25 euros de compra que realices nos postos da praza agasallaránche cunha bolsa de tea coa imaxe do skyline de Carballo. Non é preciso que gastes os 25 euros xuntos nin nun único establecemento, senón que podes ir xuntando os tíckets das compras que realices ata acadar esa cantidade, e unha vez que a consigas só tes que achegarte ata a conserxería, onde chos trocarán por unha bolsa (ata fin de existencias).

E se tes can, ou cadela, tamén poderás levar unha badana reflectora co lema Eu quero a Carballo, que desde hai xa cinco anos agrupa numerosas accións que tratan de transmitir unha imaxe en positivo do concello. E, así, a marca Eu quero a Carballo xa forma parte da actividade cotiá e está perfectamente asumida pola cidadanía.

Froito dese traballo foi tamén, no ano 2022, a presentación do skyline de Carballo, que introduciu o corazón no nome do concello e que xa é unha marca oficial do Concello de Carballo rexistrada como tal na Oficina Española de Patentes e Marcas. Este ano utilízase para que as bolsas que leves do mercado municipal representen a aposta de todas as persoas que as luzan polo comercio de proximidade.

Para seguir traballando nesa liña e introducindo novos elementos que redunden na mesma mensaxe e que favorezan un contacto máis próximo entre Administración e cidadanía, no 2023 púxose en marcha Carballo levámolo dentro, unha acción máis que tamén segue vixente e coa que se pretende chegar ao corazón mesmo da veciñanza e conseguir a implicación popular no obxectivo que debe unir a todos os carballeses e carballesas: facer fachenda do pobo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?