O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou Vimianzo para supervisar as actuacións levadas a cabo neste concello e tamén no de Dumbría ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental do ano 2022. No acto estiveron presentes a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e o alcalde Dumbría, José Manuel Pequeño.
Concretamente, no caso de Vimianzo adquiriuse un vehículo tipo pick-up, cunha plataforma para os traballos de difícil acceso, que contou cunha aportación autonómica de máis de 131.000 euros.
No Concello de Dumbría estes fondos permitiron levar a cabo a ampliación e mellora da rede de abastecemento en A Casanova, Martín e Anseán en Buxantes, grazas a un importe concedido de máis de 147.000 euros. Con esta actuación substituíronse as traídas veciñais e os pozos particulares, que carecían na maior parte dos casos de control sanitario e das tarefas de mantemento e control e limpeza que precisan este tipo de redes.
Trenor destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.