Compromiso da Xunta con Coristanco para executar as obras de modernización da potabilizadora

Foto.- Cedida.

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, xunto co xerente do organismo hidráulico, Gonzalo Mosqueira, mantivo un encontro de traballo co alcalde de Coristanco, Juan García, no que abordaron actuacións de interese no municipio.

Teresa Gutiérrez comunicoulle ao rexedor que para acometer a intervención na estación de tratamento de auga potable cómpre redactar primeiro o proxecto construtivo para definir os traballos necesarios. Neste sentido, concretou que o obxectivo é dispoñer este ano do proxecto redactado coa fin de licitar as obras a finais do presente exercicio.

A directora detallou que Augas de Galicia se compromete ao financiamento do orzamento do 80% das obras e o concello deberá participar coa achega do 20% restante.

Estas actuacións teñen como propósito resolver as carencias destas instalacións hidráulicas, que debido á súa antigüidade, non están a funcionar de xeito eficiente.

Na reunión a directora de Augas de Galicia tamén informou de que se está coa contratación da actuación para a mellora e posta en marcha da depuradora de Vilaverde, que suporá un investimento de preto de 52.000 euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha