A Xunta comprometeuse na segunda reunión da mesa industrial de Vestas -que se celebrou en Santiago de Compostela- a levar a cabo “unha busca activa” de compradores que queiran adquirir a factoría de Viveiro, en aras de manter a actividade económica e o emprego desta compañía, unha alternativa para a que agarda contar coa participación do Executivo central. O Goberno galego propuxo esta alternativa para evitar o peche definitivo da fábrica, despois de que a empresa rexeitara as axudas económicas que tanto a Xunta como o Estado ofreceron, ben a través de préstamos con carencia de interese “moi baixo” ou por medio de axudas a fondo perdido para apoiar a transformación industrial da fábrica co único obxectivo de manter a produción e os postos de traballo.
34
