Compromiso por Galicia asiste ao Alderdi Eguna acompañando ao PNV no seu día grande

0 minutes read

Unha delegación de Compromiso por Galicia (CxG) desprázase esta fin de semana a Euskadi, para participar no Alderdi Eguna, convidado polo PNV. Bernardino Crego Cervantes, histórico e destacado membro da formación galeguista, encabeza a delegación que asistirá á celebración acompañado por integrantes da actual executiva, que non só farán acto de presenza, senón que participarán activamente no evento. Compromiso por Galicia forma parte do Partido Demócrata Europeo, do mesmo xeito que os anfitrións que manteñen fortes vínculos cos galeguistas desde hai anos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?