Compromiso por Galicia Carballo demanda melloras nos aparcamentos públicos

1 minutes read

Segundo informan nun comunicado, nos últimos días chegáronlles varias queixas a través dunha das canles de comunicación con que conta a organización, polo que o secretario local Jesús Deus Gende e o de organización Víctor Manuel Fraga Arantón percorreron varios aparcamentos e rúas verificando estas reivindicacións.

“Certo é  que moitas  zonas de estacionamento necesitan melloras significativas debido ao mal estado en que se atopan os seus firmes, entre os que destaca o situado moi preto do parque “Rego da Balsa”. Na devandita zona faise moi difícil acceder debido á gran fochanca que existe no acceso principal; aqueles que o conseguen atópanse en numerosas ocasións con  que os seus vehículos rozan coa parte inferior podendo causarlles danos leves ou graves nos mesmos. Doutra banda faise necesario poñer solución ás numerosas lastras levantadas ou inexistentes en varias rúas , como é o caso da rúa Lagoa que levan máis dun ano nun estado vergoñoso na intersección coa Gran Vía; solicitamos  pois que o máis axiña posible eméndense as deficiencias descritas anteriormente”, sinalan.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?