Compromiso por Galicia Carballo recolle queixas en Verdillo

1 minutes read

A formación CxG vén de recoller dúas demandas veciñais que foron expostas en numerosas ocasións polos veciños, non só de Verdillo, senón tamén pola cidadanía en xeral. Unha delas é a da ponte de Queo, que debido á súa estreiteza produce numerosos sustos entre os condutores. A outra se refire á necesidade urxente dunha mellora da seguridade no cruzamento “dás Galleguiñas”, que anos despois segue sen ningunha clase de actuación por parte das institucións correspondentes.

“É sen dúbida necesario que se leven a cabo accións que garantan a seguridade viaria e non se sigan pospoñendo as queixas da cidadanía. Cónstanos que se mandaron peticións formais a través do ‘consello parroquial’ ás administracións, pero a día de hoxe seguen sen darse unha solución que acabe coa citada problemática, por eso os veciños e veciñas consideran un deixamento e en certo xeito unha burla, que non se actúe despois de tantísimo tempo”, conclúen desde a formación galeguista.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?