A primeira refírese á necesidade de realizar unha poda dunha nogueira que impide que a iluminación pública faga correctamente a súa función e así mesmo ao estar moi preto das vivendas pode supoñer un alto grao de perigo en época invernal. A segunda á urxente necesidade de limpar unha leira chea de maleza na devandita rúa, onde por certo nos últimos días ,segundo os veciños, refúxianse xabarís, o que conleva un risco para a integridade física de persoas ou animais domésticos.

“O deixamento en canto á normativa autonómica de limpeza de maleza e control de especies arbóreas (aínda que a citada árbore non estea considerado como invasiva ou que poida causar un alto risco de incendio) é unha constante desde hai moito tempo. Cónstanos que os particulares acoden a presentar queixas respecto diso, máis a día de hoxe existe un alto número de leiras que permanecen desde hai anos sen limpar incumprindo a lei, por iso pedimos que se actúe de maneira inmediata na citada rúa, así como un control exhaustivo por parte das autoridades municipais noutros lugares onde as silvas ou outro tipo de arbustos campan ás súas anchas moi preto das vivendas, locais etc.”, conclúen desde CxG.