Desde a formación afirman que o pasado mes de maio entregáronse a través do rexistro municipal 256 firmas para a reapertura da antiga ludoteca, situada na rúa Desiderio Varela, así como a creación dunha zona cuberta no centro educativo de primaria na parroquia de Bértoa, para resgardarse ante as inclemencias meteorolóxicas adversas. “Recentemente pedimos que non quedase a iniciativa esquecida nun caixón, máis a día de hoxe non obtivemos unha resposta significativa”, afirman desde a formación. “Pedimos unha vez máis que os actuais grupos presentes na Corporación dean un empuxe a esta iniciativa avalada por un bo número de cidadáns/as. Poñemos á súa disposición os avais orixinais que no seu día se nos entregaron para que poidan verificar a data de entrega, así como a cantidade e orixinalidade dos documentos citados anteriormente”, conclúen desde Compromiso por Galicia Carballo.
0