Común da Esquerda tilda a década Feijóo de «goberno para poderosos, publicidade e propaganda»

O portavoz de Grupo Común da Esquerda, Antón Sánchez, centrou o seu discurso no Debate sobre o Estado da Autonomía en facer balance da década «negra» de «goberno para os poderosos» do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo; unha etapa na que «as siglas PP apenas significan máis que publicidade e propaganda». Seguido desde a bancada do hemiciclo polo histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras, os exalcaldes de Santiago e A Coruña, Martiño Noriega e Xulio Ferreiro; ou o líder de Podemos Galicia e deputado de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino; Sánchez tamén augurou, do mesmo xeito que o resto de portavoces dos grupos da oposoción, que a etapa de Feijóo á fronte da Xunta chega ao seu «fin». O tamén portavoz nacional de Anova iniciou a súa intervención criticando o discurso co que o presidente autonómico abriu o debate de autonomía. Para Sánchez, Feijóo transformou «a rendición de contas» ante o Parlamento «nun exercicio de cinismo, prepotencia e propaganda» con «unha posta en escena repetida nos últimos dez anos».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha