Con Messi, boas noites e que pase o seguinte


O arxentino tirou do carro e mete ao Barça en cuartos cun dobrete e dúas asistencias a Piqué e Dembélé. O Lyon púxose 2-1, pero pouco máis.

O Barcelona superou este mércores ao Lyon (5-1) e asinou o pase aos cuartos de final da liga de Campións, unha eliminatoria que o equipo azulgrana non sentenciou ata o segundo tempo, cando o arxentino Lionel Messi brillou cun gol e dúas asistencias.

O equipo azulgrana mandou no primeiro tempo cos goles de Messi, de penalti (min.18), e de Coutinho (min.31), pero o seu rival apertou e no segundo tempo recortou distancias cun tanto de Lucas Tousart (min.58). No minuto 78, Messi volveu aparecer para anotar o terceiro nunha xogada individual aproveitándose dunha recuperación de Ivan Rakitic.

Co Olympique de Lyon buscando entrar de novo na eliminatoria, Piqué anotou o cuarto nun contraataque iniciado por Alba e conducido por Messi, que no 86 serviu o quinto a Ousmane Dembélé noutra rápida transición.

Que pase o seguinte!!!.