Con motivo do Día Internacional da Muller, Ponteceso lanza a ‘Saída Cultural á Compostela das Mulleres’

0 minutes read

O evento levarase a cabo o 8 de marzo en horario de 9.30 a 20.00 horas, con saída da Praza do Recheo. Todas aquelas mulleres de Ponteceso, maiores de 18 anos, poderán inscribirse dende o 27 de febreiro ao 6 de marzo da seguinte maneira: De 9.00 a 14.00 horas no Departamento de Educación Familiar ou telefonicamente no 881 983 223. No correo electrónico dolores.blanco@ponteceso.gal, indicando: nome, apelidos, número de DNI e teléfono. As prazas son limitadas (52), inclúe xantar e a actividade é de balde.