17
O parque provincial de Santa Comba atendeu na mañá deste mércores (arredor das 7:30 horas) un aviso por un conato de incendio no lugar de Randufe, no Concello de Santa Comba.
Unha vez no punto, os bombeiros comprobaron que o lume se iniciara nun pequeno adosado á vivenda principal. A orixe estivo nunha incubadora de polos que prendeu nuns cartóns próximos. A intervención consistiu en apagar as pequenas lapas e a ventilar a estancia afectada.
A actuación tivo unha duración aproximada de 10 minutos. Non se rexistraron danos persoais nin outras incidencias.