Concedida a licenza de ampliación dunha granxa en Montemaior

1 minutes read

Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada este xoves na Laracha acordouse conceder a licenza urbanística para a ampliación dunha granxa no paraxe de A Toxa, na parroquia de Montemaior.

O proxecto é promovido por Gandeiría Montemaior S.L., dedicada á venta de leite e gando vacún. A actuación prevista ten por finalidade ampliar as instalacións en ata máis de 8.000 metros cadrados de superficie cos propósitos de aumentar o benestar animal e as condicións sanitarias e medio ambientais da granxa.

Tanto as instalacións actuais como as proxectadas están rodeadas polas parcelas que serven de base territorial para a actividade gandeira da empresa.