Concedida a licenza para construír unha nova nave no polígono da Laracha

Parque empresarial da Laracha_GOOGLE MAPS

  • A edificación terá unha superficie de 2.605 metros cadrados

A Xunta de Goberno Local da Laracha concedeu, na súa última sesión ordinaria, unha licenza de obra para a construción dunha nave industrial no parque empresarial da Laracha. A nova edificación estará composta por dous volumes de diferentes alturas e contará cunha superficie total de 2.605 metros cadrados. Levantarase nunha parcela que alcanza os 7.490 metros cadrados.
Esta nave destinarase, principalmente, a almacenamento e tamén disporá de oficinas para a xestión da propia actividade que se desenvolverá nela.

O Concello mostrou a súa satisfacción por conceder esta nova licenza urbanística que permitirá activar máis o polígono creando «novas oportunidades para beneficiar o movemento económico e xerar emprego no termo municipal».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha