Concedidas 44 bolsas para estudar este curso no Centro Superior de Hostalería de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución dos beneficiarios das axudas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) neste curso, tanto os que optaron a ela por primeira vez como aos alumnos que renovan a bolsa, que ascenden a 44 en total.

Así, neste curso 2023-2024 teñen a bolsa por vez primeira unha quincena de alumnos e preto de 30 a renovan. As bolsas supoñen un desconto no prezo da matrícula ordinaria por titulación en réxime externo de entre o 80% e o 50% e enmárcanse no compromiso de Turismo de Galicia por fomentar a formación no eido turístico.

Súmanse a eles os 43 alumnos máis que tamén este curso están a beneficiarse de exencións na matrícula (por familia numerosa, matrícula de honra en 2º de Bacharelato ou Ciclo Formativo de Grao Superior…), que teñen descontos de entre o 100% e o 50%. Así, en total, entre as bolsas e exencións, un total de 87 alumnos están a obter descontos na súa matrícula no Centro Superior de Hostalería de Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha