Concedidas nos últimos seis anos 92.500 axudas polo nacemento dun bebé

1 minutes read

Dende o ano 2016, a Xunta concedeu 92.500 Tarxetas Benvida para axudar ás familias polo nacemento dun bebé, un importante apoio cuxo obxectivo principal é atender os gastos que supón ampliar a familia como a compra de alimentos infantís, cueiros, roupa, berces ou produtos de hixiene ou farmacia. Con carácter xeral, a contía da axuda que reciben as familias a través deste programa é de 1.200 euros durante o primeiro ano de vida do fillo. Esta duplícase no caso das familias numerosas e increméntase un 25 % no caso daquelas que viven en concellos de menos de 5.000 habitantes. Así mesmo, a axuda pode estenderse ata os catro anos de vida do neno naqueles fogares especialmente vulnerables.