- O Concello participará no programa cultural Ler conta moito da Xunta
A Xunta de Goberno Local da Laracha concedeu este xoves, na súa sesión ordinaria, dúas licencias urbanísticas para a construción de vivendas unifamiliares. Unha delas levantarase no núcleo urbano larachés e a outra no lugar das Rañeiras, na parroquia de Lestón.
Ler conta moito
Ademais, acordouse solicitar a participación na convocatoria de subvencións impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade para a programación de actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas municipais. Do mesmo xeito que en anos anteriores, o Concello pretende acollerse a esta liña de axudas para a organización de diversas iniciativas no marco do programa Ler conta moito para desenvolver nas bibliotecas municipais da Laracha, Paiosaco e Caión.